Héctor Agulla (Vigo, 1985)
Dende ben cativo, mostra un gran interese e sensibilidade ó arte en xeral e á música en particular. Pero non é ata os 12 anos, que comeza a expresar as súas inquedanzas a través dun instrumento musical. Comeza a exploración a través da guitarra e, sobretodo, da batería, da man do seu irmán maior, Iván Agulla, daquela recoñecido baterista da escena musical viguesa.
Nos seguintes anos, completa a súa formación compaxinando estudio (gradúase en Maxisterio Musical e estudia Jazz e Música Moderna en Escola Estudio en Compostela e no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra) cos seus proxectos musicais (Why Go, La Banda de Andrelo, The Bronxson Project) e colaborando como sideman con numerosos artistas de diferentes estilos (Albert Sanz, Paco Charlín, Aber Rábade, Nuno Ferreira, André Fernandes, Jeffery Davis, Alejandra Burgos, Deuteronistas, Los Suízos…) Neste tempo, comeza tamén a exercer como profesor particular de batería, que, nos seguintes anos, levarano a ensinar batería e combo en Súbete ó Castro, Estudios Metrópolis, Vigosónico e Mundosonoro.
Actualmente, dirixe o seu propio proxecto musical, Loiros, no que libera a súa faceta compositiva. Forma parte de Copos de Avena, Bafana Bafana, Why Go, Agulla·Font·Patiño e Límbico e colabora habitualmente con Wöyza & The Galician Messengers, Xan Campos, Wilfried Wilde e Blackstereo, entre outros, demostrando unha gran adaptabilidade e versatilidade estilística.