LOIROS

LOIROS (Rock intimista, grunge, post rock)

A banda nace no verán de 2016 en Vigo, Galiza, onde Héctor Agulla (batería) e Virxilio da Silva (guitarra e voz) comezan a traballar xuntos na idea dun novo proxecto. Nas súas primeiras composicións conciliaban rock alternativo e jazz a través dun prisma acústico, co uso das voces sen letra como un instrumento máis. Coa entrada dos membros que completan a formación, o alemán Felix Barth (baixo e voz) e o francés Wilfried Wilde (guitarra), o son endurécese, aparecen as primeiras letras e as composicións adquiren máis forma de canción, configurando a idea do que na actualidade é Loiros.


As aportacións do imaxinario musical dos catro compoñentes, dan como resultado unha interesante mestura estilística na que están presentes tanto influencias do Shoegaze, o Grunge, o Post Rock e a Psicodelia, como do Jazz Moderno, o Impresionismo Francés ou a rítmica africana. O seu directo, de certo carácter intimista, é intenso e crú, con cancións longas, desenrolos inesperados e momentos para a improvisación que fan de cada concerto unha experiencia diferente.

ARP. + loiros

Froito da súa primeira xira, en marzo de 2018 sae á luz o seu primeiro traballo Arp., un EP completamente autoproducido e autoeditado cunha edición limitada feita a man de 150 exemplares. En decembro dese mesmo ano, reciben o premio da Deputación de Pontevedra ao Mellor Traballo Musical coa canción «Rebirthmark«. En outubro de 2019 pasan a formar parte do Colectivo Metamovida e editan o seu primeiro LP., loiros, gravado e mesturado por Hevi (Malandrómeda) no Laboratorio Soyuz, colleitando moi boas críticas por parte dos medios especializados e do público.

BACK FROM THE EDGE

En outubro de 2023, despois dun longo proceso de composición, gravación e deseño que se dilatou durante tres anos, Loiros rematan a edición do segundo LP, titulado Back from the Edge.

Nel inclúense seis novas cancións orixinais do grupo, coidadosamente compostas, executadas e gravadas, na que atopamos unha  inusual mestura de xéneros que cristaliza nun son e  nunha estética moi definidos e persoais. Baixo un certo enfoque jazzístico, a banda aglutina influencias do rock progresivo, o shoegaze, o grunge e o post rock, creando unha paisaxe sonora única na que o ouvinte pasa por diferentes estados emocionais. Sorprende o seu son cru, en contraste cos coidadísimos arranxos, a fina execución e o mimo no tratamento das melodías vocais, cuxas harmonías fan de fío conductor ó longo de todo o disco.

Unha vez máis, o grupo conta coas experimentais e sempre tolas técnicas de deseño sonoro do Hevi,  aos mando do seu Laboratorio Soyuz, gravando e mesturando o disco en Trazo (Galiza) e coa exquisita masterización Cem Oral de Jammin´ Masters en Berlin.

O deseño da portada é froito da colaboración de Héctor Agulla, batería da banda, co artista multidisciplinar Rafa Cáccamo. En tempos de urxencia e superficialidade, nos que a imaxe relega ó contido a un segundo plano, Loiros reivindica a importancia da música por riba de calquera artificio estético, cun envoltorio branco baleiro que agocha a portada no seu interior, a modo de tesouro, e que soamente se poderá ver na edición física do disco.

ALGUNHAS RECESIÓNS

“Unha sorpresa monumental. Un disco riquísimo e diferente sobre o que paga a pena colocar os focos axiña”

Fernando Neira. El País.

«Os novos seis temas que conforman este LP falan por si mesmos en eloxiosos términos dos seus autores»

Manuel Borrero. Ruta66

«Un grupo diferente, honesto e arriscado. E o seu son, unha mestura única de xéneros e influencias» 

Pablo Vázquez. A Movida

«A súa peculiar mestura estilística crea unha sensación nova para o ouvinte. Longos e inesperados desenrolos lévante irremediablemente por distintos estados»

Pilar  García Rego. Zig Zag Diario

«Inclasificables. O seu primeiro disco fai imaxinar un amencer eterno»

Roberto Martínez. Bienvenido a los 90

«Máxicos. Parecen saídos do Canterbury dos 60» 

 Xosé Otero. RKV Radio

«Longos desfiles de mesturas psicodélicas conforman un primeiro achegamento a unha banda á que lle queda moito que amosar» 

Balea Cultural

REDES SOCIAIS

BANDCAMP

YouTube

Instagram

Facebook