
Foto de Sara Traba.
Copos de Avena é un cuarteto que engloba diversos xéneros musicais con raíz en sudamérica. No seu repertorio, baixo un certo enfoque jazzístico, teñen cabida dende revisións de boleros clásicos ou standards de Bossa Nova ate cancións de autoras contemporáneas como Silvia Pérez Cruz, Natalia Lafourcade, Rita Payés ou Jorge Drexler.
Nun momento no que o bolero se ten revalorizado na música popular, Copos de Avena convértese nunha ponte entre o clásico e a vangarda, entre a tradición da músicas de Cuba, Brasil, México ou o Uruguai e as sonoridades jazzísticas contemporáneas, creando un espazo onde o vello e o novo conviven dun xeito natural. Lonxe de procurar rupturas radicais, o obxectivo do cuarteto apunta cara unha reinterpretación fresca, adatándose ós novos tempos sen perder a súa identidade.
As súas integrantes son recoñecidas artistas cunha longa traxectoria na escena galega do jazz e a música moderna: Gloria Pavía (voz), Yudit Almeida (contrabaixo e voz), Iago Marta (guitarra) i Héctor Agulla (batería e percusión).
Vídeo “Tú me Acostumbraste”
Vídeo “Soledad y el Mar”