Agulla·Font·Patiño: «Ténue»

«Son moitas as razóns para pararse a escoitar ó trío formado por Héctor Agulla (batería) Dani Font (guitarra e voz) e Pablo Patiño (contrabaixo). Como os caracteres son reducidos vou arriscarme a destacar unha profundidade e unha sensibilidade que están fóra de toda dúbida. Os códigos que utilizan para comunicarse son os propios do trío de guitarra jazz (xa se sabe: lugar para a improvisación, interplay, exquisito deseño sonoro…) pero non reinterpretan vellos standards de jazz, senón que se expresan a través de música orixinal que sae da pluma dos tres membros do trío. Tamén arranxan música de The Beatles, Nick Drake, Julian Lage ou Neil Young, e lonxe de caer en convencionalismos, a súa reescritura aporta novos e inesperados matices, invitando ás ouvintes a adentrarse na súa peculiar, emotiva e onírica paisaxe sonora.»

Jerome Turner. (Love for Jazz Mag.)