Educación

XERAL

Considérome afín ó modelo de ensinanza non directiva, que aboga por unha educación integral, non só baseada no contido inherente da asignatura; centrada nx alumnx, nas súas necesidades e querencias, e que ten como natureza comunicativa o diálogo non xerárquico e a escoita activa.

A miña función é a de orientar e facilitar a aprendizaxe dx outrx a través da aprendizaxe significativa, tendo como punto de partida os seus propios intereses e as ferramentas das que xa dispón.

A QUENES VAN DIRIXIDAS AS CLASES

A calquera que teña a querencia de expresarse a través dun instrumento moi intuitivo ou, simplemente, sinta curiosidade.

Clases individuais ou grupais (tres personas máximo)

Todas as idades experiencia con nenxs dende 3 anos .

Clases en varios idiomas (castelán, galego, portugués, inglés)

Experiencia con personas con necesidades especiais teño marabillosas experiencias compartindo aprendizaxes con personas cegas, xordas (si, pódese!) e con SD.

BATERÍA (contidos xerais)

1.TÉCNICA E ERGONOMÍA

Os tres tipos de agarre da baqueta (alemán, francés e americano)

Os tipos de golpe (full, down, up e tap) a través de varias técnicas (Moeller, Free Stroke e Finger Stroke)

Os catro tipos de fulcro (control, power, mid e backhand)

As diferentes técnicas de golpeo de bombo (talón abaixo, talón arriba, híbrido punta-talón, o pivote…) tamén aplicable ó charles.

Os rudimentos; a través de un efectivo programa baseado na visión das figuras máis representativos no desenrolo actual da técnica do instrumento (Jojo Mayer, Benny Greb, Mike Johnston, Matt Garstka…)

2.COMPRENSIÓN, LECTURA E ESCRITURA DAS FIGURAS RÍTMICAS

As figuras rítmicas e o seu valor.

O quebrado de compás.

Amalgamas, odd times, ritmos cruzados, modulación métrica e polirritmia.

Escoita e transcrición de cancións.

Dictados de grooves e fills.

3.ESTILOS

Análise das obras e intérpretes máis representativxs de cada estilo.

Estudo do carácter, o feel, o son, a linguaxe e os grooves máis común.

Pop/Rock.

Hard Rock/Metal.

Funk/Hip hop/Soul/Afrobeat.

Jazz/Blues.

Afrocuban/Latin.

Bossa Nova/Partido Alto/Forro/Baiao.

4.COORDINACIÓN E INDEPENDECIA

Independencia do bombo en ritmos de estética pop/rock/funk en 4/4 .

Independencia do hihat (co pé) en ritmos de estética pop/rock/funk en 4/4.

Independencia do ride en ritmos de estética pop/rock/funk en 4/4.

Estudio de lectura e execución dunha voz sobre un ostinato a través do método The New Breed de Gary Chester.

Ritmos lineais.

Polirritmias.

Coordinación no jazz. Independencia da caixa no jazz. Independencia do bombo no jazz.

Coordinación na música afrocubana. Exercicicios sobre a cáscara e a clave. Clave co pé esquerdo.

Coordinación e independencia en odd times. Cross rythms.

5.TEMPO

A voz como elemento de axuda no desenrolo do tempo interno.

Microtempo e comprensión das subdivisións.

Diferenza entre tocar detrás do pulso, no pulso e diante do pulso.

Macrotempo como ferramente de desenrolo do tempo interno.