Límbico

A pesar de ser un pensamento recurrente para o seu ideólogo Iago Marta ó longo dos anos, a cristalización de Límbico non se dá ate 2018, coa volta deste guitarrista vigués á súa cidade natal, logo de un exilio de 15 anos en Barcelona adicados por completo á música.

O conxunto instrumental funciona como vehículo das ideas e preocupacións musicais do seu creador, tentando aglutinar as numerosas e variadas influencias ás que estivo exposto na súa traxectoria. Partindo dunha visión jazzística, as composicións oscilan entre os arranxos obrigados e a liberdade para os solistas, incorporando linguaxes estilísticas diversas propias do folque, da enerxía do rock ou da improvisación libre.

Para este proxecto, Iago Marta conta co contrabaixista José Manuel Díaz, a cellista Macarena Montesinos, Héctor Agulla á batería e Diego Alonso ós saxos.

Spotify

Canle YouTube

Instagram

Facebook